Os veteráns voltan ao rodo con 125 equipos

Vilagarcía / La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

05 sep 2013 . Actualizado a las 06:50 h.

A Asociación Cultural de Futbolistas Veteranos de Pontevedra bota a rodar unha tempada máis o balón, co arrinque oficial da súa Liga 2013/14 fixado para este sábado. E faino como vén sendo habitual cun novo salto cuantitativo. O que eleva a nada menos que 125 o número de equipos nas súas sete categorías, unha máis cá na campaña 2012/13. E terían sido 126 de non se ter botado atrás a última hora o SDV Monteporreiro.

Entre as seis novidades, un conxunto vilagarcián, o Cornazo Coffee Coktail, que competirá, como resulta lóxico, na última categoría, a Cuarta División B, xunto cos tamén recén creados Dorrón CFV, SD Noalla, Más que Coches, Silgar e Uzal Seguros. O Cornazo será un dos 29 representantes do balompé do Salnés e do Baixo Ulla.

Así, no Grupo 1 ou División de Honra militarán o Vilalonga, Vilagarcía, Cambados, Mecos, Amanecer e Joyería Riveiro. Na 2ªA o Arousa, Albariño, Meaño, Boa Vila Umia, San Pedro-Bar Naranjito e Soho Cofeee. Na 2ªB o Restaurante Xiabre Abalo, Xocas Café Bar, Fortuna San Martín e Caleiro. Na 3ªA o Cafetería Vilariño, Dena, e Sisán Deportes Piñeiro. Na 3ªB O Santiaguiño Bar, o Atlético Vilalonga e mais o Fátima ADV. Na 4ªA o Castrelo, Pontearnelas, Catoira, Salud Veteranos e Centro Cultural Vilalonga. E na 4ªB o Armenteira e o Cornazo Coffee Coktail.

Ao rematar a Liga descenderán seis equipos da Primeira á Segunda, os tres últimos ao grupo B e os outros ao A. Os tres mellores da Segunda subirán á División de Honra e os tres peores perderán a categoría, e así sucesivamente no resto das divisións.