Cambados e Ribadumia, no Campionato Galego Escolar

vilagarcía / la voz

PONTEVEDRA CIUDAD

28 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Cambados TM e o Ribadumia TM desprázanse esta fin de semana a Pontevedra para participar no Campionato Galego Escolar.

O equipo da vila do albariño abre hoxe a súa participación coa entrada en competición do seu equipo infantil, composto por Martín Regueiro, por Iván Lois e por Santiago Fernández.

Mañá será a quenda dos cadros individuais e de dobres da categoría cadete. E aquí o Cambados TM competirá con Martín Regueiro, con Paula Padín, con Andrea Chaves, con Mariña Chaves e con Nuria Regueiro no cadro individual. Martín Regueiro formará parella co xogador pontevedrés Santiago Prieto no dobres masculino, Paula Padín e Andrea Chaves, e Mariña Chaves e Nuria Regueiro faráno no dobre feminino, e Martín e Paula no dobres mixto.

Pola súa banda, o Ribadumia TM presenta á cita autonómica escolar o seu equipo Autosisán, formado por Miguel Doval e Raúl Valiñas, deportistas rodados xa neste tipo de citas explican no seu club.