Queremos Galego recorrerá a multa cando lle chegue en galego

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

28 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A plataforma Queremos Galego recorrerá a multa imposta pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra cando a remita en galego, «que é lingua oficial e polo tanto temos dereito a que se nos comunique en galego ou a non darnos por enterados».

Na notificación indícase que a solicitude de concentración fíxose fora de prazo e que nela figuraban «pancartas con lemas como '' Na defensa do ensino en galego'', ''Na Galiza en galego'', ''Paremos o decretazo'' ». Carlos Callón, voceiro do colectivo, tildou a situación de surrealista, toda vez que é «legal e lexítimo lucir pancartas na defensa da lingua».