A comarca viviu a efeméride con concursos literarios e regalos

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

17 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Na comarca de Pontevedra, o Días das Letras viviuse dun xeito festivo. En Poio, Xaime Isla Couto entregou os premios literarios que levan o seu nome. Outros municipios como Cotobade ou Moraña optaron por regalar lotes de libros. No museo Manuel Torres de Marín celebrouse a entrega dos premios do concurso de narración curta, organizados polo Concello. A gañadora da categoría de adultos foi Concha Rodríguez Pérez polo traballo Secreto de confesión. Na modalidade escolar, os primeiros postos nas tres categorías foron para Paula Piñeiro, Ana Recamán e Irene Bemposta.