O único socorrista fluvial pontevedrés vela polo baño en Ponte Caldelas

Marcos Gago Otero
marcos gago PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

Jorge Iglesias, vixiando o baño na praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas
Jorge Iglesias, vixiando o baño na praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas SERGIO SUEIRO

Jorge Iglesias vixía cinco días á semana a praia da Calzada, no Verdugo

27 jul 2023 . Actualizado a las 20:30 h.

A Calzada, en Ponte Caldelas, é a única praia fluvial que conta cun socorrista na comarca de Pontevedra. Debían de ser tres, pero non houbo candidatos suficientes. De feito, o seu actual titular, Jorge Iglesias Camiña, de 19 anos e veciño de Marín, é o único profesional que vela polo baño de veciños e visitantes nun río, pese a que na comarca hai seis zonas máis habilitadas pola Xunta e os Concellos.

Se desde hai anos resulta difícil encontrar socorristas suficientes para cubrir a oferta de praias costeiras, facelo para os areais do interior da provincia é case unha misión imposible. Tan difícil é que ata Ponte Caldelas, o único Concello que os busca verano tras verano, estivo varios anos sen atopar nin un so.

Para a Xunta, as praias do Lérez, ao seu paso por Pontevedra, e de Ponte Sampaio, na parroquia do mesmo nome no curso do Verdugo, son augas marítimas, non continentais, polo que aínda que teñen socorristas, estes non se consideran fluviais propiamente ditos.

Este verano é a primeira vez que Jorge traballa como socorrista, non xa dun espazo fluvial, senón de calquera. Coa titulación obtida en maio, non puido conseguir praza na costa e ao barallar varias opcións, decantouse pola Calzada, un recordo do río Verdugo que é, ademais, a única bandeira azul que recibe un río en España. Este galardón require que haxa tres socorristas e este ano so hai un, polo que non se izará o distintivo, pero o baño, polo menos, estará supervisado cinco días á semana, cando hai máis usuarios.

O horario de Jorge é de dúas e media a oito e media durante a semana e dunha media a oito e media no fin de semana. Luns e xoves descansa. Na Calzada dispón dunha cadea elevada que domina toda a zona de baño, demarcada por unha represa nun extremo e unha liña de boias augas arriba.

Pequenas feridas e contusións

Este socorrista amósase satisfeito co traballo que desempeña este verano. «Teño toda a responsabilidade deste sitio como tal, pero as cousas que ocorren non son graves, é un lugar tranquilo», sostén. Resalta que, para os bañistas, se trata dun espazo «seguro» porque «non soe haber moitas incidencias». Ten unha formación específica para a prevención de riscos e no curso de socorrismos ensináronlle tamén primeiros auxilios e as técnicas habituais de rescate. No que vai de verano ten atendido pequenas feridas e golpes.

«A xente compórtase ben», engade, á vez que describe a los usuarios aos usuarios que se achegan ata A Calzada como un público formado por familias e «bastantes mozos». Fronte á larga lista de atencións por picaduras de fanecas, que atenden os seus homólogos costeiros, Jorge ocúpase das avespas, aínda que, estes insectos, por agora, non están especialmente rabiosos.

Mellor saber nadar

O Verdugo é un río que, discorre case estancado na Calzada, pero si que convén, para aqueles que se lancen á augar, saber nadar. Xustamente iso é o que non fixo un mozo un día que Jorge estaba de garda. «Houbo un rapaz que se tirou á auga sen saber nada, pero saíu polo seu propio pe, cando se deu conta de que pisaba o chan», indica. Iso si, o Verdugo soe ter calado suficiente para cubrir unha persoa adulta en boa parte do seu cauce, polo que si, evidentemente, o recomendable para evitar afundirse como unha pedra, é saber nadar.

Polo demais, e anécdotas aparte, o enclave fluvial da Calzada ben merece estar nas guías turísticas de Galicia. E tamén vale a pena se un busca o contacto directo coa natureza e tranquilidade. «Aquí hai bastante sombra e é un lugar tranquilo» apunta Jorge. «É unha experiencia distinta ao mar, porque non temos sal, polo que hai menos flotabilidade, pero tamén é moito máis calmo e non hai olas», insiste.

Outra vantaxe que o entorno da Calzada ten comparada coas súas irmáns marítimas é que unha praia fluvial é que non soe estar tan saturada de xente como o está unha praia costeira nun día de calor e vacacións. ¿E a temperatura da auga? «É máis ou menos como na praia. Pode que algún día estar máis fría que outro, Ao principio costa un pouco entrar na auga, pero logo te acostumas», sentencia.