Os Muiños de Folón, na plástica de Abalde

Exposición en Ponte caldelas ata o 30 de agosto


Dende Beade de Vigo, onde pinta e coordina exposicións no Centro Cultural o mesmo que acolle a obra donada por aquel inolvidable artista vigués Limés, desplazouse Antonio Abalde, con un conxunto de cadros nos que reflexa a paixón pola natureza, fundamentalmente etnográfico, centrado nos muiños de auga que se espallan de lado a lado de Galicia, espazo xeográfico e vital, pateado día a día, inclusive o Norte do país veciño a procura deste modo de vida noutros días, sustento das familias.

Recentemente pisou montes de Pontecaldelas e as ribeiras do Verdugo a procura de construcions ainda en pe, que deran alimento aos veciños, hoxendía en plena restauración para contar as faenas dos muiñeiros os mais novos.

De momento non traslaou ningunha destas construccións a telas, mais no Centro Cultural no corazón do pobo, durante a segunda quincena do mes de agosto, cadrando coas Festas das Dores, os lugareños e foráneos, poden ollar aquelesoutros nos que se inspirou para transportar os lenzos, dende os do Picón-Folón, tesouro etnográfico que escalona nas inmediacións da capela de San Martiño no Val de O Rosal ata aquelesoutros que o pintor vigués, captou nos arredores da parroquia viguesa de Valladares, na península do Morrazo ou Costa da Morte.

Na mostra patente na antiga cadeia, penduran paisaxes de intensidade cromática, saída da paleta de Abalde, reflexando vides ou cerdeiras do terruño natal, os mesmos cadros que estiveron patentes no Museo Manuel Torres de Marin, en días recentes.

Antonio Abalde, asiduo participante nos concursos de pintura que se celebran de lado a lado da xeografía galega, nalgúns xa ten merecido algún que outro galardon, figundao no seu curriculum, mostras individuais por toda Galiza, que comezara a percorrela con outros pintores naquelas Feiras de Debuxo e Gravado, convocados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e numerosas exposións colectivas e individuais que se estenderon a Portugal, Sevilla ou Madrid.

Unha boa razón para acercarse a Pontecaldelas durante as Festas .

A exposición organizada polo Concello estará patente ata o día 30 de agosto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os Muiños de Folón, na plástica de Abalde