Magosto dos veciños de Campelo, en Poio

POIO

BASILIO BELLO

01 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Continúa a tempada de magostos no Concello de Poio que se estenderá ata mediados do mes de novembro. Nesta xornada, será a quenda de Campelo, onde, a partires das 20.30 horas, a asociación veciñal organizarán un magosto na praza da Granxa. O Concello de Poio colabora nesta iniciativa que busca «manter viva unha tradición con moito arraigo no municipio», engadiron.