Poio súmase ao Día de Rosalía distribuíndo «caldo de gloria»

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

CONCELLO DE POIO

A cita é este xoves no Casal de Ferreirós

17 feb 2025 . Actualizado a las 16:04 h.

Este xoves, a partires das 12.30 horas no Casal de Ferreirós, o Concello de Poio sumarase aos actos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e da súa obra. A concelleira de Cultura, Natalia Sabarís, precisou que este ano volven apostar pola proposta feita desde a fundación que difunde a memoria da autora de Follas novas coa lectura colectiva do poema Miña casiña, meu lar e a distribución dunha cunca de caldo da gloria inspirado neste poema. E, como remate, a AC Vides Novas interpretará varias pezas musicais.