03 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Unha das citas imperdibles do outono pontevedrés son os magostos, unha tradición con moito arraigo nos distintos concellos da contorna, como Poio, que, segundo recordou o alcalde Ángel Moldes, este ano conta, por primeira vez, cunha liña de axudas específica. Este domingo, organizada pola AVCD Lourido, a cita é no parque Costa Xiráldez de Lourido a partires das 18 horas.
Pola súa banda, en San Xulián (Marín) empezará ás 17 horas cun concurso de calacús, para, unha hora máis tarde, desenvolverse o certame de sobremesas de outono con ingredientes de tempada. Ademais, programouse unha actuación musical a cargo da cantante Raquel Pallares e non faltarán as castañas, que se repartirán gratuitamente entre os asistentes.