Despois de onte, sábado, Poio procedese a inaugurar dende a praza do Mosteiro —na imaxe— o Nadal neste concello, hoxe continuarán as actividades festivas noutros puntos da comarca de Pontevedra.
Deste xeito, en Caldas de Reis, seguirá a desenvolverse este domingo o Choconadal, proposta que mestura a música co reparto de balde de chocolate e o Roscón de Caldas de Reis. Nesta ocasión, poderán gozar desta iniciativa os veciños de San Clemente dende as 19 horas, mentres que o grupo Fanfarría Furruxa amenizará a velada.
Pola súa banda, en Sanxenxo, continúa o Ice Park, a pista de xeo e zona de ocio infantil habilitada no Porto Deportivo Nauta Sanxenxo. As fins de semana e festivos abre de 11 a 24 horas.
En Vilalonga, e enmarcada na súa Aldea Navideña, desenvolvese durante todo o día un mercadillo solidario, así como unha andaina solidaria de Papá Noeles (11 h.) para logo programarse unha sesión vermú con Bruno Canario (13 h.) e varios sorteos. Xa pola tarde, ás 17 horas, a actuación dos Cruceiros de Vilalonga antecederá á chegada de Papá Noel prevista para as 18 horas.