«A liorta», un corrosivo diálogo entre Voltaire y Rousseau chega a Raxó

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

POIO

López Penide

A posta en escea desta obra encádrase na programación das Letras Galegas de Poio

22 may 2022 . Actualizado a las 11:28 h.

No marco da programación de Poio polo Día das Letras Galegas, este venres, a partires das 21 horas e da man da SCD Raxó, coa colaboración do Concello de Poio, o teatro retorna ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. E o fai con A Liorta (Voltaire / Rousseau), una peza baseada no orixinal de Jean-François Prévand con tradución de Mar Miravalles Gallo.

Coa dirección de Antonio Simón, a compañía Avelaíña Teatro. Dase a circunstancia de que, á hora de sacar adiante esta peza, a compañía pontevedresa púxose en contacto co propio autor francés, quen se mostrou encantado con esta iniciativa e deu a autorización para que se representase de xeito amateur a súa obra traducida ao galego. De igual xeito, ocorreu coa editorial belga Lasman que publicou o manuscrito orixinal que aborda, segundo destacaron no seu día dende Avelaíña Teatro, «unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos».

Xulio Leal interpreta a Voltaire, mentres que Miguel Anxo Martín asume o rol de Rousseau. Antonio Simón, pola súa banda, pon a voz en off do criado.