Máis de 170 obras literarias concurren en Poio ao Xaime Illa Couto

La Voz

POIO

CONCELLO DE POIO

27 abr 2022 . Actualizado a las 18:04 h.

Finalmente, a trixésima edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto de Poio converteuse nunha das convocatorias con maior participación dos últimos anos despois de que a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, confirmase que se presentaron máis de 170 obras de poesía e relato curto. Ademais, o certame ten nesta ocasión carácter internacional con pezas de Suecia ou Alemaña.