Mostra de xardíns colgantes no Xaime Illa

La Voz

POIO

20 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o pasado luns, o centro cultural Xaime Illa, en Raxó, acolle unha exposición organizada por Neves Seara e composta polos deseños de xardíns colgantes que, ao longo da primavera, levou a cabo o alumnado de sete centros educativos de Poio. A mostra busca dar visibilidade ao «gran traballo» que levaron a cabo os rapaces e os seus mestres con materiais de refugallo.