Poio festexará o Día das Letras Galegas cun contacontos para nenos e un faladoiro

La Voz POIO / LA VOZ

POIO

A poetisa de Combarro, Tamara Andrés, participará no faladoiro do luns
A poetisa de Combarro, Tamara Andrés, participará no faladoiro do luns Concello de Poio

Os asistentes deberán apuntarse antes no Concello

12 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Cultura de Poio, Raquel Rodríguez (BNG), presentou onte o programa do Día das Letras Galegas, que se celebrará na vila o domingo 16 e o luns 17 e que incluirá un contacontos para os nenos, un faladoiro e a entrega dos premios do certame literario Xaime Illa Couto. Toda a programación se desenvolverá no centro cultural de Raxó e Rodríguez recalcou que se aplicará un protocolo contra o covid para dar seguridade sanitaria aos asistentes. Desta forma manteranse as medidas hixiénicas, aforo e distanciamento. As prazas para a asistencia a estas actividades son limitadas, polo que a concelleira advertiu de que será un «requisito indispensable» a reserva de prazas, chamando ao 986 770 001 (extensión 1207) ou ao correo electrónico da concellería (poiocultura@concellopoio.gal).

Desta maneira, o domingo 16, ás 17.30 horas haberá unha sesión do contacontos Arredor de Xela, que correrá a cargo de Raquel Queizás. No centro cultural Xaime Illa tamén hai una exposición dos traballos realizados polo alumnado de primeiro de ESO do instituto, que se levaron a cabo baixo as instrucións da artista multidisciplinar Neves Seara.

Por outra parte, o luns, ás 12 horas, haberá un faladoiro con Susana Pedreira e Tamara Andrés, sobre o protagonismo do galego no xornalismo actual e o seu impacto no ámbito da poesía. Pola tarde, entregaranse os premios do certame literario.