Alumnos de Poio, Vilalonga e Bueu: 21 Días co galego e +

La Voz

POIO

CONCELLO DE SANXENXO

14 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnos dos institutos Illa de Ons (Bueu), Vilalonga (Sanxenxo) e Poio participan no programa 21 Días co galego e +, impulsado polo Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e que ten como obxectivos «que a xente nova, nomeadamente os adolescentes, fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas».

O programa está dirixido a os estudantes de 12 a 18 anos que se comprometen, con este proxecto, a falar unicamente en galego durante as 21 xornadas de duración do plan, desde o luns 13 de xaneiro ata o 2 febreiro.

Durante este tempo, haberá actividades colectivas dentro e fóra das aulas de Lingua Galega. Entre outras cousas, disporán dun espazo de photocall e realizaranse fotos e vídeos de difusión pública, que se subirán en redes sociais co cancelo #21diascogalegoemais. Para achegarse ao contexto da vida familiar, ademais de actividades durante a fin de semana, tamén se abren as redes sociais aos pais.