Marga Caldas, nova responsable do BNG de Poio

La Voz POIO LA VOZ

POIO

BNG POIO

A formación nacionalista emprende un proceso de renovación

26 oct 2019 . Actualizado a las 18:48 h.

O BNG de Poio renova o seu Consello Local dando comezo unha nova etapa na que a responsabilidade local recae en Marga Caldas, a cal estará acompañada por Xosé Rial coma vice-responsable. A equipa complétase con Alberte Fernández, María Pousada, Francisco Acuña, Josefa Otero, Alfonso Villanueva e Xan Cambón.

Este Consello Local, máximo órgano na localidade do Bloque Nacionalista Galego, márcase «a defensa dos intereses das veciños e veciños de Poio» coma un dos seus principais obxectivos, dende os seus dereitos persoais e colectivos até a dotación de servizos e infraestruturas.

O BNG de Poio quere traballar da man non só das militantes e simpatizantes do Concello, senón tamén da propia veciñanza. «A procura de solucións aos problemas que temos e o desenvolvemento de proxectos que constrúan un Poio mellor, debe buscarse xerando complicidades coa veciñanza e coas organizacións sociais», subliñou a nova responsable.