Uxía Lambona e a Banda Molona levarán un adianto do seu novo disco ao Armadiña

La Voz

POIO

laura martelo

Los vigueses súmanse ao cartaz de Familia Caamagno, Dios Ke Te Crew ou Heredeiros da Crus, entre outros

30 jul 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Coincidindo co 25 de xullo, Día de Galicia, Uxía Lambona e a Banda Molona presentaron o primeiro single do que será o seu novo traballo discográfico que ver a luz en novembro. O tema Verdescente será un dos compoñan o repertorio co que os vigueses subirán ao escenario do Armadiña Rock de Combarro (Poio) o vindeiro 23 de agosto. «O novo traballo contará con adaptacións de temas que forman parte da nosa cultura musical, pero tamén con cancións orixinais», inciden.

A once edición do Armadiña Rock esperarse que sexa a máis variada dende que no 2009 votou a andar este festival. Heredeiros da Crus, Los Jinetes del Trópico, Familia Caamagno, Dios Ke Te Crew, Sote de la Ría, The Tetas’ Van, Ukestra do Medio, Dj Beti de la Church, A Banda do Patio e Falperrys, xunto con Uxía Lambona e a Banda Molona, son as últimas, «pero non derradeiras», bandas que confirmaron xa a súa presenza neste festival.

O Armadiña Rock desenvolverase entre o 23 e o 25 de agosto. Ademais, dos concertos programados, estanse a preparar toda unha serie de actividades paralelas. É o caso do Armadiña Kids, espazo adicado aos rapaces que este ano se abrirá á cultura urbana con, entre outras iniciativas, unha exhibición de skate da man de Viejo Lobo School, pero tamén organizaranse toda clase de coloquios e habilitarase tamén unha ampla zona de acampada.