Unha xornada para gozar da tradición máis antiga da comarca

Pontevedra, Poio, Marín e Caldas puxeron de manifesto que a Festa dos Maios segue viva


Aínda que a súa orixe non está moi clara, algúns estudosos a sitúan na época prerromana, mentres que outros falan de antigos cultos celtas, a Festa dos Maios e posiblemente a tradición máis antigas da comarca de Pontevedra. Onte este municipio, xunto cos de Caldas, Marín e Poio puxeron de manifesto que goza de moi boa saúde.

En Pontevedra, participaron cinco colexios e dúas asociacións. O CEIP Marcos da Portela alzouse cos premios ao maio tradicional e interpretación, mentres que el Froebel gañou en cantigas, coroa e fíxose cun premio especial. Barcelos levouse o do xurado.

En Poio participaron once maios, entre eles o dos pequenos da Escola Infantil de Saíñas que non concursou. Vilariño foi o mellor en conxunto, barco, maio e coroa, se ben nestas dúas última categorías compartiu premio con Marepodium, que se fixo, a maiores, cos de coplas e actuación.

En Caldas, resultaron gañadores o CPR bilingüe San Fermín, mellor maio; o CEIP San Clemente, copla; e ANPA Celenis Alfonso VII, interpretación. Tamén Marín celebrou esta cita, mentres que en Bueu a Asociación de Alfombras fixeron un co obxectivo de ir recuperando a tradición.

Pontevedra, unha festa. Centos de persoas acudiron onte á pontevedresa praza da Ferrería para gozar desta antiga tradición que colexios e asociacións culturais manteñen viva en distintos concellos da contorna.

Un porco bravo de aniversario. Foi unha das sorpresas da Festa dos Maios de Poio, toda unha homenaxe ao Xabarín Club, que o pasado mes de abril celebrou o seu vinte e cinco aniversario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha xornada para gozar da tradición máis antiga da comarca