A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Poio apoia a folga de Atención Primaria

POIO

Ramón Leiro

05 abr 2019 . Actualizado a las 14:38 h.

Mediante un comunicado feito público este vernes, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Poio anunciou o seu apoio á folga convocada polos profesionais de Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril. O colectivo remarca que as principais demandas desta movilización son «dotar de máis recursos á Atención Primaria, ter autonomía orzamentaria e de xestión, aumentar o persoal, poñer fin a precariedade laboral e solucionar o conflicto das urxencias de primaria», toda vez que entenden que «son causas xustas que redundan en beneficio dos pacientes, e mellora a calidade asistencial».

A plataforma, asimismo, demandou que os profesionais teñan máis tempo para cada consulta e, deste xeito, «rematar coa precariedade laboral para mellorar a atención sanitaria tan deteriorada como está no noso concello».

Charla esta tarde

Neste marco, o colectivo confirmou que esta tarde, a partir das oito, está programada unha charla informativa na sede da comunidade de montes de San Xoán. Nela está previsto que interveña Manolo Maretín, voceiro de SOS Sanidade Pública de Galiza, baixo o título de A sanidade é un dereito, non un negocio.