Os maiores de Combarro celebran o Entroido

La Voz

POIO

cedida

12 mar 2019 . Actualizado a las 10:21 h.

Os maiores do curso de saudemente de Combarro celebraron o Entroido. Entre os exercicios de memoria e os de ximnasia teñen tamén tempo para a festa. A realización deste tipo de traballos favorece a súa habilidade manual .Para todos eles é a primeira vez que realizan unha careta. Estas actividades están organizadas pola Concellaría de Benestar Social do concello de Poio