Poio fomenta a creación literaria en lingua galega

POIO

31 ene 2019 . Actualizado a las 08:00 h.

O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e a colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocaron unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Deste xeito, xa está aberto o prazo para presentación de traballos nas categorías de poesía e relato curto ou conto que serán individuais e inéditos, mentras que a temática é libre e teñen que estar escritos en lingua galega.

O certame promove a creación literaria en lingua galega entre participantes a partir de 6 anos e os traballos poden presentarse no rexistro municipal do Concello, en calquera dos centros educativos ou nos locais das asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal da Cultura ata o 20 de marzo.