«Escapo das discusións viscerais»

POIO

<span lang= gl >Entre leitugas na horta</span>. Ademais de pasear, unha das «aficións» de Luciano Sobral é a horta, xa sexa no xardín da súa casa ou na finca. Está claro que para ese momentos o mellor é un calzado cómodo, unhas zapatillas de deporte, mentres que o reloxo é o que lle regalaron os compañeiros do BNG cando gañou as primeiras eleccións, alá por 1995.
Entre leitugas na horta. Ademais de pasear, unha das «aficións» de Luciano Sobral é a horta, xa sexa no xardín da súa casa ou na finca. Está claro que para ese momentos o mellor é un calzado cómodo, unhas zapatillas de deporte, mentres que o reloxo é o que lle regalaron os compañeiros do BNG cando gañou as primeiras eleccións, alá por 1995. capotillo< / span>

O rexedor confesa que non ten «habilidade co móbil» á hora de mandar mensaxes

21 may 2015 . Actualizado a las 12:39 h.

Tras vinte anos ao fronte do Concello de Poio, Luciano Sobral (1953) resposta cun sonoro «non» cando se lle pregunta si un non se cansa de ser alcalde. Desde xeito, o cabeza de lista polo BNG desminte eses rumores que o dan por amortizado e que aseguran que abandonara a política antes de catro anos: «Sei que andan dicindo que é cousa de un ou dous anos. En todo isto so hai unha verdade, que si gañamos, vamos a continuar aquí. A nosa aspiración é gañar e acabar o mandato. Nunca enganaría aos veciños».

-¿Tivo que recorrer algunha vez na política a facer teatro como nos seus tempos mozos?

-Non. É algo completamente distinto, pero hai que recoñecer que aínda hai moito daquelo.

-Refírome a que si, en ocasións, hai que sobreactuar.

-As veces tes gañas de facelo, pero eu prefiro ser claro cos veciños e tratar de resolver os problemas. As veces, atráncanse e non damos feito todo aquilo que nos gustaría. Non sería bo sobreactuar porque a xente nos coñece, nacemos aquí, vivimos aquí...

-¿Segues mantendo a amizade con xente como Xerardo Moscoso, de Voces Ceibes, coa que compartiu escenario?

-Si, mandámonos mensaxes. Máis el a mi que eu a el, porque o certo é que son moi pouco de mensaxes e non teño habilidade co móbil. Iso si, sigo mantendo a amizade con Xerardo e con outros amigos desa época.

-Nestes vinte anos, ¿tivo a tentación de botarse ao río Lérez como fixo de mozo escapando da policía?

-Non. Aquilo foi unha experiencia moi desagradable e con algo de inconsciencia pola miña parte tamén. É unha anécdota, pero procuro pasar páxina. Cando recordas ese día, pensas o que puido ser e agradeces que non fora. Creo que foi algo precipitado. Seguramente, si nos houberan detido, nos houberan levado un par de días ao calabozo e non houbera pasado nada máis. Foi a situación, o medo polo que podería pasar e tomaches unha decisión que puido ter consecuencias.

-Daquela militaba no PC, ¿como foi o salto e non me refiro ao río?

-Por aquela, aquí había un teleclube e un grupo de mozos e mozas tíñamos o grupo de teatro, no que tamén estaba Xerardo, e hai naceu unha cédula do PC no 1971 ou no 1972. O salto foi porque no 1977 houbo unha discusión pola cuestión nacional que tiña que ver co país, con Galicia, e sobre como se ía denominar o 25 de xullo. O PC optou por ser máis autonomista e uns cantos compañeiros decidimos dar o paso e afilieime á UPG e aquí sigo militando.

-¿Daquela tocaba a guitarra? E polo que me din, bastante ben.

-Algo sei. Teño feito os meus pinillos. Cando fun a mili tratei de empezar a tocar a gaita tamén, pero hai quedou. Ao empezar coa vida laboral e entrar na corporación a fun deixando. A ver si algún día teño gañas... A guitarra segue na taberna [da miña nai] e, as veces, a xente que vai tomar unha cunca a colle e bota unha peza.

-¿Nunca pensou traela a un pleno e comprobar si funciona iso de que a música amansa ás feras?

-A verdade é que nunca se me ocorreu. Eu procuro ter un carácter afable con todo o mundo e trato de escapar das discusións viscerais...

-Tendo en conta que os deportes non é algo que lle atraia, ¿que pasatempos ten?

-Somos cinco irmáns e hai dous que son moi de deporte, pero moito, pero os outros, moi pouco. Si me gustara moito o fútbol a miña compañeira non se houbera casado comigo. Ao meu irmán maior nunca lle vin facer deporte máis que mirar algún partido pola televisión. Gústame camiñar e, cando tiña bici, ir nela.

-Unha asignatura pendente é un carril-bici en Poio.

-Si, totalmente. Poderíase unir Pontevedra con Lourido cun carril-bici. Non sei se o modelo de cidade de Pontevedra pode ser trasladado a Poio.

-¿Ten algún libro de cabeceira?

-Merquei o outro día o de Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda. A verdade é que estou lendo pouco ultimamente, pero é o que ten estar en campaña.

en territorio íntimo Luciano Sobral, candidato do BNG á alcaldía de pOio