A Festa do Deporte Solidario celébrase o domingo na Seca

La Voz LA VOZ | POIO

POIO

07 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? pavillón da Seca, en Poio, acollerá o vindeiro domingo, 10 de decembro, a cuarta edición da chamada Festa do Deporte Solidario. A iniciativa consiste na recollida de alimentos non perecedeiros para o seu reparto posterior entre as familias con escasos recursos da localidade. A festa, que se iniciará ás cinco da tarde, inclúe propostas deportivas e de baile (danza do ventre e ritmos tropicais) nas que participarán unhas duascentas persoas, moitas delas, rapaces. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, María Iglesias, animou aos veciños de Poio a colaborar na iniciativa: «Está moi ben axudar cando hai catástrofes naturais noutros países, pero non hai que esquecer aos que temos máis preto», indicó. Para acceder ao pavillón da Seca só se esixirá aportar algún alimento. As empresas que queiran participar poden deixar a mercadoría na Casa Rosada.