Moraña, primeira parada desta edición da «Toponimízata», da Real Academia Galega

Alfredo López Penide
L. Penide MORAÑA / LA VOZ

MORAÑA

Presentación da camapaña «Toponimizate»
Presentación da camapaña «Toponimizate» XUNTA

Trátase dun concello que «ten case toda a microtoponimia sen recoller»

22 abr 2026 . Actualizado a las 05:05 h.

Moraña será este mércores a primeira parada da Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra que, «un ano máis e xa son nove, volverá percorrer as catro provincias na procura de persoas, institucións e asociacións que se sumen aos milleiros de colaboradores que xa están a colaborar na recolla do gran tesouro toponímico galego a través da plataforma Galicia Nomeada», destacaron dende a Real Academia Galega (RAG). A cita é ás 10.45 horas no Multiusos desta localidade pontevedresa, onte terá lugar a primeira charla da nova edición da campaña e na que participará o alumnado do CPI Santa Lucía e a veciñanza que queira afondar na orixe e no significado dos topónimos deste concello.

Dende a RAG destacaron que o alcalde José Luis Gómez Fontenla presentará o encontro xunto á concelleira de Cultura, Andrea Domínguez Búa. Ao tempo que precisaron que «a charla é ben acaída neste concello, pois ten case toda a microtoponimia sen recoller. Só está rexistrada a da parroquia de Saiáns, grazas ao traballo de fin de grao do filólogo Xoán Gorís. Este profesor de lingua e literatura galega morañés tamén se ofreceu a colaborar co centro de ensino e co Concello na recolleita da microtoponimia do resto das parroquias».

Poio

Tras Moraña, Poio será o seguinte concello que visitará a Toponimízate 2026. A charla, que será o vindeiro sábado 9 de maio a partir das 11.00 horas na Escola do Campo de Combarro, está incluída nos diferentes actos que programa o Concello no Día de Colón durante esa fin de semana.