O Obradoiro Ulla-Umia ofrece formación sobre o proceso para crear empresas

La Voz VALGA / LA VOZ

MORAÑA

CONCELLO

Os 20 alumnos recibiron unha charla sobre emprendemento

21 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV dos concellos de Valga e Moraña está participando esta semana en diversas actividades complementarias relacionadas co emprendemento, a creación de empresas e orientación laboral. O xoves pasado un técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) impartiu aos vinte aprendices unha charla sobre emprendemento, na que lles explicou cuestións como a posta en marcha dunha empresa, tanto a nivel técnico e legal coma na vertente económica.

Agora os alumnos están recibindo formación en creación de empresas, cunha duración total de 30 horas, e que corre a cargo da técnica de emprego do Concello, María José Devesa. Como o obradoiro ten como obxectivo favorecer a inserción dos participantes no mercado de traballo, os alumnos están adquirindo unha serie de nocións en materia de orientación laboral.