San Xulián, en Marín, celebra as súas festas patronais

Alfredo López Penide
L. Penide MARÍN / LA VOZ

MARÍN

04 ene 2025 . Actualizado a las 13:43 h.

Dende este sábado e ata o vindeiro mércores, 8 de xaneiro, a parroquia de San Xulián, en Marín, celebra as súas festas patronais. Deste xeito, ao longo desta xornada de domingo, está programado, dende ás 9 horas, un pasarrúas a cargo da Charanga OT para, xa pola noite, desenvolverse unha verbena (21 horas) coa participación da orquestra Olympus, así coma do trío Tama.