Proxección dos primeiros curtos do Festival Cine do Mar de Marín

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

MARÍN

CONCELLO DE MARÍN

Este xoves exhibíranse os traballos audiovisuais da categoría de Ensino

22 may 2024 . Actualizado a las 23:44 h.

Este xoves pola tarde, na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín, arrancará a proxección das curtas da categoría de Ensino do Festival Cine do Mar. Así, está programada a exhibición de Entroido 2022, As praias de Marín, Mergullo nas rías e Un tesouro nas rías, todas elas procedentes do CEIP Carballal, así como de Mar de redes, do IES Félix Muriel, U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo, e Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres.

CONCELLO DE MARÍN

Posteriormente, dende as 20 horas, desenvolverase unha mesa redonda centrada no Museo do Mar de Marín coa intervención de José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira. E, a partires das 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago.