Marín despide a Lourdes Broullón Ferradás, unha coidadora en todas as súas facetas

Alfredo López Penide
L. Penide MARÍN / LA VOZ

MARÍN

Lourdes Broullón Ferradás, en primer término, durante los actos del 8-M del 2020
Lourdes Broullón Ferradás, en primer término, durante los actos del 8-M del 2020 CONCELLO DE MARÍN

Formaba parte da Consello Municipal da Muller dende xaneiro do 2016

16 mar 2023 . Actualizado a las 19:24 h.

Este xoves, o Concello de Marín, así como o CIM, amosou as súas condolencias aos achegados de Lourdes Broullón Ferradás, quen formaba parte da Consello Municipal da Muller dende xaneiro do 2016.

Deste xeito, destacaron que era unha «muller activa, comprometida e cun gran sentido do activismo social, formaba parte da Asociación Veciñal de Santa María do Campo». Neste sentido, no Concello recordaron que «foi unha das mulleres homenaxeadas durante o acto do 8 de marzo do 2020, adicado ás mulleres coidadoras».

A fin de contas, Lourdes Broullón «era unha coidadora en todas as súas facetas: foi coidadora non profesional dun familiar durante moitos anos, era avoa con responsabilidades parentais e tamén era coidadora da súa contorna, da terra e da unidade veciñal».