Conmemoración en Marín da festividade de San Miguel

MARÍN

CAPOTILLO

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo deste domingo, o Concello de Marín programou unha serie de actos para conmemorara a festividade de San Miguel, o primeiros dos cales desenvolverase a partir das 11 horas no salón de plenos da casa consistorial co acto Solemne do Padroado de San Miguel. Entregaranse as distincións de Cofrades da Honra e imporanse as Espadas de Prata e Douradas aos danzantes para rematar coa exhibición dun videoclip sobre a Danza de Espadas.

Ás 12.15 horas, misa solemne na honra de San Miguel, mentres que ás 13 h. arrancará a procesión e baile da Danza de Espadas nos lugares habituais. Para rematar, ás 14.15 horas, ofrenda floral polos cofrades e danzantes.