Homenaxe á patroa do mar en Marín, Bueu e Poio

MARÍN

MARÍA ARAGÓN

Combarro inaugurará unha escultura adicada á xente do mar e Marín celebra o día grande das festas

16 jul 2022 . Actualizado a las 20:36 h.

Está claro que Marín e Bueu non son as únicas localidades pontevedresas que este sábado renderanlle homenaxe á Virxe do Carme —aí está tamén Poio, a modo de exemplo—. En todo caso, estas dúas poboacións teñen disposto unha amplo programa de actividades para conmemorar esta data adicada á patroa do mar.

No caso de Marín, onde ata o 18 de xullo poderá visitarse a mostra de artesanía instalada na Alameda, a programación deste sábado arrancarás as 11.30 horas cos pasarrúas amenizados por Picuíña polas rúas da vila. Media hora despois está prevista a misa solemne na honra da Virxe do Carme na igrexa de Santa María do Porto. A partires da unha da tarde, concerto e baile a cargo de O Fiadeiro na Alameda.

Xa na sesión vespertina, ás 18.30 horas e con saída dende o Concello de Marín, a tradicional ofrenda floral á Virxe do Carme, mentres que, a partires das sete, está programado o inicio da procesión marítima.

Posteriormente, ás 21.30 horas, as rúas do centro bailarán ao ritmo da batucada Axé Bahía, todo un prolegómeno do espectáculo Pomper (22 horas) da Alameda. Pola súa banda, a música non faltará á súa cita coas Festas do Carme de Marín, de tal xeito que está previsto que, a partires das 23 horas, a orquestra Marbella se suba ao escenario da Praza de España. E coa medianoite, a gran tirada de fogos de artificio.

Bueu

En Bueu, as Festas do Carme darán inicio ao mediodía cos oficios relixiosos na igrexa parroquial de San Martiño con procesión ata a lonxa acompañada polas banda de gaitas Manxadoira e a banda de tambores. As celebracións eucarísticas terán continuidade ás seis da tarde na lonxa para, acto seguido, saír a procesión marítima pola ría de Pontevedra, mentres que a Banda de Música Artísticas levará a cabo unha ruada pola vila.

Coa noitiña, verbena no exterior do centro social con Ipanema e, a partires da medianoite, espectáculo piroténico dende a praia da Banda do Río.

Poio

Pola súa banda, no caso de Poio, o Ateneo Corredoira de Combarro anunciou a inauguración esta tarde (20.15 horas) dunha escultura dedicada á xente do mar nas inmediacións do porto da Canteira.

Previamente, ás 10 horas, alborada a cargo de Os de Algures e Vides Novas, mentres que, ao mediodía, misa cantada na honra da Virxe do Carme. Ás seis da tarde, sairá a procesión dende a igrexa de San Roque (Combarro) acompañada pola Banda de Gaitas e Tambores Vides Novas e o grupo de gaitas Os de Algures ata o porto da Canteira para continuar o percorrido pola ría.

A partires das nove da noite, concerto de Entre Foles da Escola de Acordeóns de Campelo na igrexa de San Roque, mentres que na Chousa, verbena (22.30 horas) con Arizona e Azabache.