patrimonio Visita escenificada para coñecer mellor o Castro Alobre

La Voz

MARÍN

Martina Miser

14 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa da Deputación «Historias Cavadas» estréase esta semana cunha programación que inclúe catro visitas escenificadas aos xacementos musealizados da provincia. As citas serán o mércores 15 no Castro de Toiriz, en Silleda; o xoves 16 en Castro Alobre, en Vilagarcía, e o venres 17 no Castro da Subidá, en Marín.