Adeus a Eduardo Víctor Castro, futbolista-poeta


Querido e estimado Víctor, como dirían os meus irmáns don Víctor. Tivemos a ocasión de vela luz a moitos dos teus logros, moitas das túas inquedanzas, sendo capaz de facer labor en moitos dos ámbitos culturais e educativos de Marín.

Quixera agradecerte e trasladarlle á túa familia, unida e marabillosa, onde deixas unha pegada importante. Vilagarcía foi o teu berce, que te meceu tamén durante estes derradeiros anos, pero en Marín a túa laboura deixou un significado importante. Ser docente, mestre, profesor nun colexio, primeiro, e no instituto, despois, durante tantos anos fai necesario que moitas xeracións de alumnos e alumnas recorden con ironía, nostalxia, sen dúbida moitos aspectos moi peculiares da túa docencia, da túa ensinanza e do teu facer, e cando se recordan sempre por algo é.

Formaches parte de coros, rondallas, tunas, da coral Lembranzas, do Liceo Casino, das colaboracións co Ateneo e, a través das túas presentación literarias, do Clube de Opinión Portocelo, con inquedanzas deportivas, pregoeiro do entroido, colaborador coa asociación Érguete, participando nos concursos literarios, nos maios, en redaccións e certames, e xogador de fútbol, e amante da pesca e da caza. Un persoeiro completo, completo nas súas facetas, completo na súa vida cultural, deportiva, social, familiar, literaria, coa memoria histórica, colaborador na prensa, en programas, en ciclos culturais, este futbolista-poeta.

Persoalmente témoste un aprecio persoal no meu caso importante, docente no Sequelo, recordado polas inquedanzas no Casino e apreciado por todos que non é nada fácil.

Un abrazo destes que se dan agora, virtuais, coa intensidade que merece esta despedida a Elvira, as túas fillas e fillo, unha obra de arte que deixas feita.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Adeus a Eduardo Víctor Castro, futbolista-poeta