A réplica do Cinemobil de José Gil recala en Cuntis

CUNTIS

CEDIDA

A vila termal acolle dende onte actividades para dar a coñecer ao precursor do cine galego

04 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo da exitosa presentación nas Neves e Rubiós, berce do cineasta José Gil, o Cinemóbil3, unha réplica do camión-cine patentado polo cineasta, e as actividades para dar a coñecer ao precursor do cine galego chegan este sábado á vila termal de Cuntis.

«Gil mantivo durante toda a súa traxectoria coma fotógrafo e cineasta un acreditado interese polos complexos termais da provincia de Pontevedra. O 2 de xuño de 1934 —enfermo e con 64 anos— e compañado pola súa dona Trinidad Sarabia, achegouse ao Balneario da Virxe ‘para someterse al tratamiento de la cura de aguas’, onde permaneceu durante quince días. Tamén na vila realizou parte de varios filmes», destacan os impulsores desta iniciativa que recalou onte no José Raído Patelas.

Este sábado, pola súa banda, José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema, que impulsan Vía Láctea Filmes en colaboración con Cine na Rúa e Editorial Galaxia, e co apoio da Deputación de Pontevedra, estará dende as 10 horas na praza da Igrexa de Santa María de Cuntis, mentres que pola tarde regresará ao Centro Social e Cultural José Raído Patelas.