O Armenteira e Punto abre a inscrición na súa K2XXL, que se fará os días 12 e 13


vilagarcía / la voz

O Club Ciclista Armenteira e Punto vén de abrir na súa conta de Facebook a inscrición na súa K2XXL. Unha marcha de dous días, programada este ano o 12 e 13 de outubro. Con saída desde Armenteira ás sete da mañá da primeira xornada para cubrir os 90 quilómetros con 3.000 metros de desnivel ata Cuntis, subindo o Castrove, o Acival, cun primeiro avituallamento ás 11.45 horas, e o Cádavo, onde se fará a comida ás 14.30, co monte Arca como última dificultade antes de pasar a noite na vila termal. O domingo sairáse ás oito da mañá, con outros 80-90 quilómetros con 2.500 metros de desnivel, pasando polos altos de Xesteiras, no que se fará o primeiro avituallamento, antes de subir a Xiabre, con comida ás 14, e Lobeira, para rematar en Armenteira ás 19 horas do día 13.

Desde o club de Meis sinálase que a ruta é gratuíta, pero quen queira participar do avituallamento colectivo deberá pagar 15 euros por día, non reembolsables por canto se destinarán á compra de produtos perecedeiros. Para poder participar só fai falla ser maior de idade, ter a forma física precisa, e ser responsable de si mesmo, tanto para volver a casa en caso de retirarse antes de tempo, como no suposto dun accidente. Os interesados poden anotarse ata este domingo, día 6.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Armenteira e Punto abre a inscrición na súa K2XXL, que se fará os días 12 e 13