«Non creo nin que xoguemos o play off de descenso, estou confiado»

CUNTIS

Ramón Leiro

Inicio a remontada ante a Ponferradina e cree que esa filosofía é a que hai que aplicar nas oito finais que restan

20 mar 2018 . Actualizado a las 05:05 h.

David Castro (Cuntis, 1995), é positivo. Non cabe ser doutro xeito a estas alturas do campionato. Mentalidade positiva para que as cousas saían dentro do campo. O domingo costou levantar o resultado ata en dúas ocasións. A falta de oito partidos para rematar a tempada, o lateral esquerdo recoñece que ao final do ano estarán mellor, confía en que non xogarán nin o play off de descenso porque estarán salvados.

-Converteuse nun fixo no once do adestrador?

-Si que é certo, desde que chegou Luismi me pasou a central por circunstancias e agora está confiando en mi, estou sumando minutos e iso a nivel persoal vai moi ben, aínda que ao final da igual quen este no campo, quedan oito finais e hai que saír de aí como sexa.

-¿Nota esa confianza que dan os minutos?

-Ao final o ano pasado viña de Terceira e ao principio custoume un pouco arrancar, era consciente de que podía dar máis nos partidos. Pensaba que podía dar moito e agora co paso dos adestramentos e partidos, estás máis cómodo.

-O domingo volveulle tolo o lateral da Ponferradina Donoso, tiña moita velocidade e insistencia de cara a gol..

-Ao final en Segunda B atópaste con xogadores que veñen de arriba e na primeira parte tamén cambiamos o sistema porque estaban facendo dano nas bandas e quedaban moi descolgados tanto el como outro extremo. Non se preocupaban de defender e cando roubaban xeraban perigo. Por iso cambiamos a defensa de catro, pero a min creo que me tocou bailar coa máis fea.

-Notou que estaba só, que non podía recorrer a ningún compañeiro en momentos de risco?

-Non, ao final plantexas un partido e cando vas por debaixo no marcador sabes que te vas a atopar esas situacións. Son partidos nos que hai que remar e remar para intentar sacar puntos, tes que arriscar algo atrás e é normal que os defensas queden en situacións máis perigosas do habitual. Non me vin solo, todos nos protexemos.

-E logo chegou o gol co voso nome...

-É un balón que vai ao primeiro pau e vaise largo ao segundo pau, queda o balón morto para Kevin ou Marcos, chega onda min e intento meter o pé para controlalo, pero báixeme longa por a potencia que traia. Meto o que podo e se cola entre un montón de pernas. Non fun consciente de por onde entrou, había moitas pernas por o medio, cando o vin dentro quedei tranquilo.

-Foi un partido complexo, cando marca Yuri, Edu adiántase ao centro do campo e vos di algo a todos, que era?

-Ao final leva moitos partidos na categoría, é o capitán do equipo e sabía que na situación na que estamos cun marcador en contra é moi difícil seguir. Díxonos que soamente era un gol, que lle deramos forte e iso foi o que intentamos. Se te ves abaixo cun gol, hai que intentar facelo mellor.

-¿Pensaron que podía chegar o terceiro tras marcar Darío a cinco del final?

-Nesta situación o que queremos é sumar de tres en tres, queremos a vitoria, pero hai que ser conscientes de que eles acabaron preto da nosa área. Queríamos sacarlle o balón e poder xerar perigo, per foi moi complicado.

-Foi un partido de alternancias, moi pelexado...

-Estamos tendo mala sorte co tema das lesións e ademais o campo está moi moi pesado, e incluso diría que perigoso, pero eles eran moi verticais e te fan sufrir facendo uns para uns. Foi moi de alternativas, ao final fomos por debaixo en dúas ocasións, pero penso que o empate foi o resultado máis xusto

-A tempada, ¿está dentro de que prevexades?

-Eu non creo que ningún dos xogadores do vestiario, se nos dis o 1 de agosto como vai estar o equipo a estas alturas, nin o máis pesimista diría que estaríamos así. É certo que na primeira volta perdemos puntos nos últimos minutos e agora nos estamos acordando deles. As cousas as veces veñen mal dadas e hai equipos potentes aí abaixo e cando entras nesa dinámica, costa saír. Aínda quedan oito partidos e estamos confiados en que podemos saír de aí.

-Dicía o domingo Luismi que ese punto terá valor se se conseguen o sábado en Coruña os tres.

-Hai que pensar xa no seguinte partido e intentar facer bo o empate, que por si solo non é bo, pero se logras sacar os tres en A Coruña, acórdaste do punto que se conseguiu ante a Ponferradina.

-¿Dígame un prognóstico para o final de liga?

-Eu estou confiado e non creo que xogemos nin o play off de descenso. Aínda que o Coruxo gañase esta semana, temos un partido co golaverage gañado, confío en saír e quedar por enriba deses postos.