03 oct 2026 . Actualizado a las 01:09 h.
O Memorial Belarmino Villanueva desenvolverase este sábado e domingo en Aguasantas, no Concello de Cerdedo Cotobade, para render homenaxe á figura e ao legado deste canteiro. Baixo o lema Unha vida de pedra, arte e xente, a xornada de hoxe arrancará ás 11.30 horas cunha misa de cabo de ano para, acto seguido, inaugurarse na Casa do Pobo unha exposición con algunhas das obras máis coñecidas de Belarmino. Esta mostra completarase cunha charla do seu amigo e escritor Serafín.