Treixadura e Virandeira Folk no festival de música galega de Rois

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

PEPA LOSADA

Tamén terán cabida outras propostas para poñer en valor o territorio e o patrimonio de Rois

26 jul 2019 . Actualizado a las 01:08 h.

Rois celebra este sábado o festival Narturfest no que a música galega será a gran protagonista da xornada, na que tamén haberá tempo para unha andaina, un trail, un taller de iniciación teatral impartido por María Ordóñez, de Talía Teatro, e unha xincana de xogos populares, entre outras actividades. O festival, que se celebra no campo da festa de Rois, está organizado polo Concello e o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima.

Treixadura e Virandeira Folk, dous dos grupos de referencia na música tradicional galega, serán as principais atraccións desta segunda edición do festival, na que tamén terán cabida outras propostas para poñer en valor o territorio e o patrimonio de Rois. As Pandeireteiras de Ermedelo e as Repeniqueiras de Urdilde amenizarán aos asistentes antes de que comece o xantar popular e, a partir das seis da tarde, celébrase un festival folclórico no que participarán o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima, o Grupo de Danzas Asociación Cultural Leira de Ordes e a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, de Cotobade (Pontevedra).