Cedofeita homenaxea a Antonio Fraguas en Lérez

CERDEDO-COTOBADE

29 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do ciclo dos Venres Culturais Cedofeita, esta asociación da parroquia pontevedresa de Lérez organiza un homenaxe para enxalzar a personalidade de Antonio Fraguas Fraguas, figura á que se lle dedicou este ano o Día das Letras galegas. Deste xeito, a partir das oito e media da tarde do vindeiro venres na Casa da Cultura de Lérez está previsto que o evento arranque cunha interpretación musical a cargo do Grupo de Cámara de Música Antiga do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, de Pontevedra.

Acto seguido, o profesor e investigador Carlos Morgade pronunciará unha conferencia baixo o título Antonio Fraguas, o etnógrafo de Cotobade.