«Chegamos ao 79 % de votos na miña parroquia»

María Hermida
maría hermida PONTEVEDRA / LA VOZ

CERDEDO-COTOBADE

Ramón Leiro

O mandatario recoñece que necesitaba os resultados contundentes que obtivo despois «de tanto traballo e tanto esforzo»

28 may 2019 . Actualizado a las 05:10 h.

Jorge Cubela, aos seus trinta anos, é toda unha máquina electoral. As urnas adxudicáronlle a terceira maioría absoluta e os seus resultados son abrumadores, con nove concelleiros frente aos catro da oposición en Cerdedo-Cotobade.

-Valore os resultados acadados...

-Foron tremendamente positivos. Superamos a maioría absoluta en todas as mesas e chegamos ao 79 % de votos na miña parroquia. Sabía que podiamos ter bos resultados, pero non esperaba isto. Pero recoñezo que necesitaba estes resultados despois de tanto traballo e tanto esforzo.

-¿Que cre que valoran os veciños nun rapaz que chegou con 22 anos á alcaldía?

-Pois penso que hai tres palabras clave, que son o traballo, a proximidade e a seriedade. Iso penso que é o motor.

-Estas eleccións eran especiais porque eran as primeiras trala fusión...

-Si. Pero eu creo que os veciños iso o toman con absoluta normalidade. Penso que a xente está contenta co cambio e que a situación é de normalidade total.

-Recoñecerá que nos últimos catro anos a Xunta os mimou, que os investimentos foron importantes en Cotobade...

-Si que é certo que conseguimos investimentos históricos e que temos que seguir nesa liña. Pero non só se valorou iso. Penso que os veciños tamén viron que, cando hai problemas, estamos aí.

-¿Felicitárono os seus rivais políticos?

-Si, mandáronme mensaxes. Eu tamén felicitei ao BNG por entrar na corporación.