Feijoo, en Cotobade: «Asistimos a un rexurdimiento de actitudes que ven no cultivo e promoción do idioma unha especie de anomalía»

La Voz PONTEVEDRA

CERDEDO-COTOBADE

Capotillo

O municipio onde naceu Antonio Fraguas homenaxea ao historiador durante toda a xornada

17 may 2019 . Actualizado a las 19:24 h.

Cotobade fai hoxe eterno a Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas. O etnógrafo, xeógrafo, historiador e docente vivirá para sempre ao pé da que foi a súa escola. Os actos de homenaxe comezaron cedo no lugar onde naceu e ao que se sentiu moi próximo a pesar de vivir en outras cidades galegas.

Os principais representantes políticos, así como a súa familia e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, destaparon unha placa na escola onde se formou como neno e creceu como referente da cultura galega. Este foi a primeira parada dun acto cheo de homenaxes, que continuarán ao longo de todo o día. O pleno da Academia Galega desenvolverase na carballeira de Famelga, ao carón desa primeira escola de Antón Fraguas. Foi nese centro onde u mestre viu nel semente de futuro e lle pediu aos seus pais que o deixasen formarse. O docente logrou este propósito e Fraguas pronto marchou a Pontevedra, onde foi alumno de Castelao. Más tarde acabou ocupando o oco que deixou baleiro o universal rianxeiro.

No descurso posterior, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, fixo unha crítica velada a utilización política das linguas: «Asistimos a un rexurdimento de actitudes que ven no cultivo e promoción do idioma unha especie de anomalía, ou cando menos algo superfluo», e engadiu que «velo como un atranco [a lingua] forma parte de tendencias que proceden de situacións que nos resultan distintas e distantes».