Un novo camelio para Nélida Piñón en Quinteiro da Cruz

vilagarcía / la voz

CERDEDO-COTOBADE

A académica e gañadora do Príncipe de Asturias das Letras voltou onte ao Pazo Quinteiro da Cruz

26 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

En setembro do ano pasado, a escritora brasileira Nélida Piñón viaxaba unha vez máis a Galicia para ser nomeada membro de honra da Real Academia Galega. A literata, distinguida co premio Príncipe de Asturias das Letras no 2005, aproveitaba aquela súa viaxe para repousar no pazo Quinteiro da Cruz, en terras de Arousa, onde naceu o seu padriño. Onte, unha das máis firmes valedoras do idioma retornou ao solar dos seus amigos, a familia Piñeiro, para gozar dunha xornada de tranquilidade e comprobar como medra o exemplar de Jacaranda, árbore brasileira que florece en primavera e ela mesma plantou da súa man na súa última estadía en Quinteiro da Cruz.

Nélida percorreu tamén o bosque das palabras, o fermoso proxecto que a propia dama das letras inaugurara o outono pasado, asinando na cortiza dunha árbore a frase: «O bosque dos poetas, de todos que consagran a aventura humana».

Tanto o novo alcalde de Ribadumia, David Castro, coma a rexedora de Cambados, Fátima Abal, quixeron coñecer a escritora, que días antes visitou o berce dos seus avós na presentación do ensaio?Terra de Cotobade. A partir de agora, o seu nome ficará unido ao dunha das vizosas especies de camelia que medran no pazo.