«Eu só podo ser moderna se son antiga ao mesmo tempo»

Galaxia publica en galego «A casa da paixón», no que a brasileira explora o erotismo dende un ollar feminino


redacción

?on 10 anos, Nélida Piñon (Rio de Janeiro, 1937) veu pasar a adolescencia á vila pontevedresa de Cotobade. A esa mesma idade tamén comezou a escribir. Aquel viaxe «de futuro», como o describe a autora, sentou as bases dunha experiencia vital que no literario tendeu pontes entre ambas beiras do Atlántico, e que ten o seu exemplo máis acaído en A república dos soños. Galaxia achega publica agora A casa da paixón, unha novela de 1972 no que Piñon explora o erotismo e a sensualidade dende un ollar feminino.-¿Que lembra da publicación da obra e como o valora agora na súa obra?-O pasar do tempo é o rexistro; é a expresión da miña fidelidade á literatura, inicialmente, e fidelidade a un certo principio revolucionario das palabras e dos conceptos. Nese ano eu quería expresar cunha linguaxe de muller un contundente punto de vista erótico da muller. É un libro nese sentido precoz, que descrebe máis que a anatomía amorosa, descrebe a gramática do amor. Fiquei impresionada de que tivese esa coraxe no 72, unha época de ditadura. Ese libro foi recusado por un instituto cultural do Goberno que axudaba naquela época aos escritores e mesmo perigou a edición. Pero ao final non pasou nada.-Na novela hai unha pulsión incestuosa. ¿O labor do escritor é investigar e subverter os tabúes?-A miña obra, sobre todo a contística, é absolutamente subversiva. A singularidade é a expresión da túa liberdade. Vivimos nunha sociedade que busca a uniformización. Xa escribir é un acto de liberdade extraordinario, porque cando se compón un personaxe un se rebela contra o proxecto social que inventa un retrato de tres por cuatro nun documento: nome, filiación, estudos, emprego, matrimonio, fecundación dos fillos e morte, esa é a vida, algo moi pequeno. A literatura dilata ese comportamento humano, atribuílle o escurantismo, paixóns secretas, anceios, quimeras, todo o que prorroga a vida, a vida íntima e a vida social. Vostede non é só un retrato, é un ser cuxas realidades de verdade anteceden a realidade e anticipan a realidade social.-¿E a dimensión mítica?-Eu traballo moito con mitos, que expresan a conexión profunda cos tempos ancestrais. Eu sempre digo: quero ser unha muller contemporánea, mais en non quero que os mitos contemporáneos vulgares, banais, me fagan esquecer. Eu só podo ser moderna se son antiga. Son unha moderna antiga ao tempo. Eu penso que teño polo menos cinco mil anos na miña xénese. A Galicia é un territorio sagrado, das expresións do sobrenatural e todo ten un lado meu, antigo.-Deixou pegada...-Cando cheguei a Galicia meu pai mandara facer para min ferramenta, todo en miniatura: para que puidese sachar a terra, un cinturón e unha peza de coiro para gardar o pan. Entón eu ía para o monte e ficaba coas vacas coas ovellas, fascinada co ar do norte. O ouveo dos lobos mesturado co aire do norte, aquelo para min era extraordinario. Alí aprendín todas as manifestacións da natureza e do humano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Eu só podo ser moderna se son antiga ao mesmo tempo»