A sexta Xuntanza Cabalar de Campo Lameiro sairá, por primeira vez, en horario de tarde

CAMPO LAMEIRO

concello de campo lameiro

17 abr 2023 . Actualizado a las 09:44 h.

Por primeira vez e coincidindo coa sexta edición da Xuntanza Cabalar que impulsan os Cabaleiros de Campo Lameiro, en colaboración co concello desta localidade pontevedresa, sairá dende San Antonio de Penalba en horario de tarde. Trátase dunha ruta circular que rematará, polo tanto, no mesmo lugar en torno ás 21 horas cunha cea servida por cátering Fuchela e amenizada por Disco Móvil Lagarto.

O itinerario previsto percorre «os principais atractivos naturais e turísticos do municipio nun ambiente de camaradería e bo humor guiados polos Cabaleiros de Campo Lameiro», destacaron dende o goberno local. Engadiron a este respecto que as persoas inscritas deberán «ter en conta que, aínda que se conta cun seguro da actividade, os propietarios dos cabalos que participen na sexta Xuntanza Cabalar deberán facerse cargo dos danos que puideran ocasionar a súa montura, en caso de se producir». O pasado ano reuníronse en torno a 150 cabalos.