Aniversario do pasamento de Samuel Fariña

Coordinadora AntiEncoro do Umia PONTEVEDRA / LA VOZ

CALDAS DE REIS

Samuel Fariña Pisos, en una imagen del 9 de febrero del 2001, en pleno conflicto del embalse del Umia durante una plantación de árboles en Paradivas
Samuel Fariña Pisos, en una imagen del 9 de febrero del 2001, en pleno conflicto del embalse del Umia durante una plantación de árboles en Paradivas XOAN CARLOS GIL

21 may 2021 . Actualizado a las 19:05 h.

Hai xa un ano que perdemos a Samuel. Os que tivemos a sorte e o honor de coñecelo naqueles momentos difíciles da construción do encoro somos testesmuñas da súa coraxe, da súa capacidade de traballo, da loita pola dignidade dos veciños e veciñas que se sentían acosados na súas propias casas, e, sobre todo, somos testemuñas do valor da súa palabra, do compromiso con aqueles que defendían causas que consideraban xustas, aínda que ás veces cumprir o prometido ten grandes custes persoais. Nos momentos difíciles é cando o ser humano mostra a súa verdadeira natureza e cando os que teñen en verdade principios aguantan “o tirón”, non se agochan nin desaparecen ante as presións dos poderes económicos ou políticos. 

Como todas as persoas honestas que o que teñen débenllo ao seu traballo, Samuel considerabase libre para loitar polo río e seu entorno. Por iso foi apaleado polos antidisturbios da garda civil que protexían unha obra ilegal, remantando no hospital, e por iso tamén foi denunciado e xulgado en varias ocasións, sen que aquelas actuacións a todas luces inxustas fixeran mella na decisión de defender o monte, o río e a paisaxe de toda a súa vida. 

Samuel non aceptou nunca que o lugar no que naceu, onde naceron os seus fillos e no que están enterrados os seus antergos, se entregara polas autoridades a uns descoñecidos alleos para a instalación dun negocio hidroeléctrico. 

O noso recoñecemento e admiración a un amigo, un bó veciño e mellor persoa. Moraña, maio de 2021. 

Cuco, Isabel, Laureano, Lola, Luis, Milucha, Paloma, Santi, Seso, Tesi, Toño, Trisco, compañeir@s da Coordinadora Antiencoro do Umia.