Bueu, un dos puntos de partida da Marcha Fina Acuña

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

A Marcha Solidaria Fina Acuña volve este 2026 cun dobre punto de partida. Por unha banda, unha das mareas rosas saíra ás 9.45 horas dende Bueu, mentres que a outra fará o mesmo dende Moaña ás 10.00 horas para desembocar ambas en Cangas, concretamente na Casa da Bola, sede de Adicam, onde agardará o grupo de gaitas Lume de Karoso.