O IES Antonio Fraguas e o CEIP Torre-Cela de Bueu impóñense no certame de pódcast O Vello dos Contos

La Voz

BUEU

Estudantes do IES Antonio Fraguas, co galardón, en compañía da filla de O Vello dos Contos, Loliña Fraguas, que tamén foi homenaxeada
Estudantes do IES Antonio Fraguas, co galardón, en compañía da filla de O Vello dos Contos, Loliña Fraguas, que tamén foi homenaxeada .

A entrega de galardóns incluiu unha homenaxe a Loliña Mosquera, filla do considerado como a primeira estrela mediática de Galicia

09 jun 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

«Con pedra e maza a lingua fala!», do IES Antonio Fraguas de Santiago, e «Onda lectura: viaxe entre páxinas», do CEIP da Torre-Cela de Bueu, comparten «ex aequo» o Gran Premio do Xurado da oitava edición do certame de pódcast Xosé Mosquera «O Vello dos Contos». A entrega tivo lugar este luns nunha gala no IES Rosalía de Castro na que tamén se rendeu homenaxe a Loliña Mosquera, filla do considerado como a primeira estrela mediática de Galicia.

O certame, que está organizado por Arraianos Producións, acadou este ano récord de participación, con máis de 80 traballos de case sesenta centros educativos de Galicia.