Ademais dunha ofrenda floral ante o monumento dedicado a que fora alcalde da localidade, desenvolverase unha mesa redonda
17 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.No marco de Abril, mes da memoria, no que se propoñen diversas actividades de reivindicación e recuperación da memoria histórica coincidindo co 89 aniversario do fusilamento de Johan Carballeira, este venres (19.30 h.) se celebrará a habitual ofrenda floral xunto ao monumento dedicado a quen fora alcalde de Bueu e foi asasinado o 17 de abril de 1937 no monte da Caeira, en Poio. No acto, contarase coa actuación musical de Dori Santos e Lía Vilas ao violín.
Posteriormente, ás 20.00 horas, o Centro Social do Mar acollerá a mesa redonda A represión na comarca do Morrazo no ano 1936 coa intervención de Xosé Novas Piñeiro, da Asociación de Amigos Johan Carballeira, Iago Santos Castroviejo, de Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas, Queta Otero Molas, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, e Luís Chapela Bermúdez, da Irmandade do Dolme de Moaña.