A xonalista Julia Varela presentará mañá o seu libro «Todo por hacer»
24 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Despois do parón obrigado das festas de entroido, o xornalista e escritor Juan de Sola Vollbrecht foi o encargado de inaugurar con Entre los muros del olvido a pasada semana os Mércores Literarios cos que a Librería Miranda de Bueu retoma as súas presentacións literarias que, en principio, van ser os mércores de marzo ata xuño. Non se descarta, en todo caso, que por cuestións de axenda algunha outra poda facerse noutro día da semana.
Deste xeito, este 25 de marzo e acompañada polo tamén escritor Manel Loureiro, Julia Varela (Pontevedra, 1981) presentará Todo por hacer, novela que fala «del duelo por la perdida de una madre», destacaron dende a Libraría Miranda. A cita é a partires das 19 horas no Centro Social do Mar con entrada de balda ata completar o aforo.
Nerea Pallares, Rodrigo Costoya, Luis Zueco, Carmen Blanco Sanjurjo, María Solar, Victoria Pinal, Manuel Esteban... son outros dos moitos nomes propios que participarán en futuras sesións dos Mércores Literarios. Dende Miranda agradeceron o feito de que todas estas actividades teñen lugar grazas o colaboración do Concello de Bueu coa cesión dos locais e o apoio loxístico.
Ademais, confirmaron que colaboraran na presentación de dous libros que organizará o Museo Massó o 1 de abril. Trátase, por unha banda, de La huella ballenera en el norte de la Península Ibérica, libro editado pola Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona onde o biólogo e experto en cetáceos Àlex Aguilar, xunto co fotógrafo Max Aguilar, «recopila rutas, localidades y museos especializados de Galicia, Asturias, Cantabria y el País Vasco» onde tivo lugar a caza de baleas. E, por outra banda, Laberinto Mar. Un viaje por la vida y la historia de nuestras costas co que Noemí Sabugal fai un retrato pola vida e a historia do litoral español.