Entrega dos Premios Joham Carballeira en Bueu

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

CONCELLO DE BUEU

Xosé Luís Mosquera Camba e Lois Pérez son os dous gañadores desta edición

25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco da celebración das Letras Galegas, este sábado, a partires das 12 horas, o Centro Social do Mar acollerá o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira. Está prevista a asistencia de Xosé Luís Mosquera Camba, gañador na categoría de poesía con Trece maneiras de mirar un almanaque, e de Lois Pérez, na de xornalismo coa reportaxe Eloxio do apenovismo publicado na revista Luzes.

Acto seguido, porase en escena o espectáculo Indóciles, no que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica De Nut «sorprenderán con narración, poesía e música para expresar a forza da figura e obra de Luísa Villalta», autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.