Meiro, en Bueu, goza do Millo Corvo no seu Encontro-Degustación

BUEU

Santi M. Amil

A xornada deste sábado rematará cun concerto de The Tetas Van

06 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O lugar de Meiro, en Bueu, acolle o vinte e catro Encontro-Degustación do Millo Corvo, organizado pola Asociación Cultural de Meiro e o Concello de Bueu. Nomeada como Festa de Interese Turístico de Galicia, programou este sábado unha serie de actividades que empezarán ás 11.30 horas coa apertura da Ecotaberna no recinto da Morada, mentres que ás 12 horas a mestra cervexeira Marta Galán presentará a edición limitada da cervexa con Millo Corvo. Ás 13.30 horas, actuación das Pandereteir@s do Arco de Vila Nova (Hío).

Entre as actividades da tarde, impartiranse obradoiros de queixos veganos, iniciación ao handpan ou de xabón, desenvolverase un faladoiro da Plataforma de Eólicos no Morrazo e un concerto de The Tetas Van.